Caderno de bitácora

Deixemos marchar canto antes este estrano ano para dar paso a un 2021 cargado de emocións e desafíos. Dende o equipo de «O SON DA BALEA» queremos darvos a noticia pola que estabades agardando: logramos finalizar a rodaxe cun grande éxito e non podemos estar máis contentos co resultado!! O titánico esforzo de todo o equipo creativo e técnico fixo posible viaxar ata a illa de Ons a finais do mes de setembro para rodar a meirande parte desta ficción mariña. Tivemos un tempo espléndido e iso facilitou moito as cousas. Volveríamos rodar no mes de outubro nos arredores de Bueu as secuencias restantes cun resultado deslumbrante. Dende entón comezamos coa edición da curtametraxe xunto coa composición da banda sonora. Se cadra este é un dos procesos máis lentos, pero tamén un dos máis creativos xa que marcará o ritmo da curta. Neste mes de decembro tamén uníronse dous integrantes ó equipo de postprodución de imaxe para acadar o ansiado resultado. Graciñas pola vosa espera. Seguiremos informando ata a chegada da primaveira, momento onde agardamos ter listo este proxecto coincidindo tamén coa chegada das baleas ás costas galegas. Sen dúbida, será un grande ano!!

1 comentario en «Caderno de bitácora»

  1. Hi, this is a comment.
    To get started with moderating, editing, and deleting comments, please visit the Comments screen in the dashboard.
    Commenter avatars come from Gravatar.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *